User talk:Jim62sch/Sandbox
From Wikipedia, the free encyclopedia
Template:Concello info
Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Terra Chá.
Limita cos concellos de: Alfoz, Mondoñedo, A Pastoriza, Cospeito, Vilalba, Muras e O Valadouro.
Poboación en 2004: 3.256 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Template:Dic
Contents |
[edit] Xeografía
Xeograficamente Abadín está situado no norleste da Terra Chá. O concello está atravesado pola Serra do Xistral, a Cordal de Neda e os ríos Labrador e Abadín. A altitude media sitúase nos 500 m., pero o punto máis elevado é Lombo Pequeno con 1.015 m.
A paisaxe de Abadín ven configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos Ouro, Labrada ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, Anllo, Arnela e Fraga Vella (na sua maioría son regatos) e rodeado de montes. Dentro deste releve montañoso destacan as serras de Cordal de Neda, Toxoso, Tremoal, Coto da Cal e A Fraga de Vigas xunto coas montañas de Costa do Sol e O Picouto, O monte Neda constitúe un vértice xeodésico para o Mapa Topográfico Nacional.
Clima: A temperatura media anual é suave, arredor de 10°C. e as precipitacións son elevadas, 1799 mm./ano. Os invernos son fríos e chuviosos e os veráns secos.
O clima dominante é de tipo oceánico-continental.
Situacion xeografica da capital:
43º 20' 47 Norte
07º 29' 04 Oeste
Superficie: 196'1 Km2.
Montes:
- Porto das Egoas (631 m.), Argán (585 m.), na parroquia de Vilarente;
- Fonte da Mesa (900 m.), Costa de Currás (782 m.), na parroquia de Montouto;
- Argán (585 m.), na parroquia de Moncelos e que linda coa parroquia de Corvite e Vilarente;
- Lombopequeno (1.015 m.), Río Pedrido (1.005 m.), Ladeiras do Seixobranco (962 m.), Airavella (961 m.), Salgueiriño (935 m.), Redondiño (916 m.), Pena da Cruz (831 m.), Mariñas do Rial (821 m.), Coto da Cal (807 m.), Chao da Fonce (788 m.), Pena do Montrol (779 m.), Curro do Bispo (707 m.), Porto da Calzada Vella (670 m.), A Santa (600 m.), na parroquia da Labrada;
- Roza do Pleito (443 m.), Marco do Forneiro (440 m.), na parroquia da Graña;
- Abelleira (617 m.), Goás (604 m.), Meixón (474 m.), na parroquia de Goás;
- Rego de Bidueira (700 m.), Alto do Seixal (678 m.), Pena Grande (664 m.), na parroquia de Galgao;
- Pena da Auga (831 m.), Pena Labrada (803 m.) na parroquia de Fanoi;
- Sabugueiras (682 m.) e Argán (585 m.) na parroquia de Corvite.
[edit] Etimoloxía
Segundo J. M. Piel, procede de Abbatini, quizais relacionado coa súa pertenza lonxana as abadías de Meira ou Lourenzá.
Outra teoría mais improbable é que poidera proceder dos descendentes do fundador do reino de Taifas en Sevilla, Abul Kasin o Abad I, creador da dinastía dos Abasidas.
[edit] Historia
A presenza romana pódese constatar nos pedregais auríferos consecuencia dos traballos da extracción de ouro. O termo municipal de Abadín formou parte dunha xurisdición na que estaban o señoríos de Baroncelle, Costa da Monte e Vilarente. Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do 'Castrum Baroncelli' do ano 1132. O que posiblemente motive que no ano 1207, Romeo, abade de Lourenzá, déralle permiso a dez veciños para explotar o territorio de Choi en Romariz. Pero consta que xa existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254, no que o abade Hemerico dá carta de poboación á Granxa de Vilarente en favor dos seus 54 veciños e sinalando os tributos que tiñan que pagar, elixindo en concello sete veciños e, entre eles, o abade escollería un para alcalde.
Visto que houbo interferencias entre Meira e Lourenzá polo cobro das gabelas e rendas, unha delegación común dos mosteiros presidida por un abade que cobraba os décimos e tributos ditatorialmente, ao que chamaban con retranca 'O Abadín'. Contra o 1500 destaca a familia Luaces, a un dos membros foille concedida carta de nobreza en 1515. Pero non é ata o 18 de maio de 1562, cando Filipe II expede unha real cédula autorizando a venda do couto de Abadín a don Luís Luaces polo Cabido de Mondoñedo coa sua xurisdición civil e criminal, co señorío de soga e coitelo e con bens como a casa e torre de Abadín (hoxe desaparecidas pero nelas estiveron o Concello e o xulgado ata 1897), a torre e casa de Vilacendoi, o lugar de Vilamor coa súa torre, etc. e que abrangue os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente. As regalías dos Luaces mantéñense ata o seculo XIX e as novas que se teñen deste concello están sempre vencelladas a esta familia.
Vestixos arqueolóxicos: Mámoa de Romariz, castros de Os Castros, Fraiás-Terraxis (Moncelos), Abeledo e Romariz, as Penas: Abaladoira e Petitore, monumentos megaliticos (Fanoi).
En resumo: A primeira referencia data do 3 de decembro de 1254 nunha carta póboa do abade do Mosteiro de Meira, Hermerico, a favor dos poboadores da Granxa de Vilarente.
En 1562 o cabido de Mondoñedo vendeu o Couto de Abadín á familia dos Luaces.
En 1833 pasa a depender da provincia de Lugo, ao desaparecer a provincia de Mondoñedo, da que formaba parte.
[edit] Sociedade e economía
O concello de Abadín ten 3.256 habitantes para todo o municipio (ver cadro o fondo). A densidade de poboación é baixa: 16,6 habitantes por quilómetro cadrado (estimación ano 2004). O índice de crecemento da poboación con respecto os censos de 1900 e 1970, é case nulo. A emigración concentrouse primeiro hacia América, sobor de todo Cuba e Arxentina (1890 ó 1925), e anos despois a Francia, Suiza e Inglaterra (1930 ó 1975). As entidades de poboación que hai en Abadín son un total de 194 sendo as máis nutridas Abadín e Gontán. Censo: 3.256 hab. Densidade: 16,6 hab/km2.
Economía: Como se pode ver o concello mantén unha evolución demográfica negativa, debido ás altas taxas de mortalidade, á feble natalidade e á forte emigración.
O sector primario ten unha gran trascendencia na economía municipal; as explotacions agrarias no 1995 eran 1.148, dedicando 4.081 hectáreas a pastizais permanentes para a importante ganaderia sobre todo a bovina que en 1995 tiña 6.895 animais, seguindolle a gran distancia o gando ovino con 146 e o caprino con 62, estos dous derradeiros en réxime de semiliberdade. Con respeito a explotación forestal do municipio, é unha actividade que ocupa con arbolado o 70% da superficie total do concello da cual aproximadamente a metade corresponde o monte madereiro integramente. En canto o sector secundario, hai un complexo industrial de Lácteos Lorán (afincada en gontán) dedicado á fabricación de queixo que se nutre da mellor materia prima existente nos arredores. No campo das empresas familiares poden situarse varios talleres e viveiros de prantas e árbores diversos. O sector servizos aglutínase na capital municipal arredor da sua principal vía de comunicación. Abadín é un concello netamente agrario, á maior parte da poboación activa dedícase a actividades agrícolas ou gandeiras. A gandería bovina oriéntase á obtención de leite, mentres o gando ovino e caprino vive en semiliberdade nas montañas.
Evolución da poboación de: Abadín - desde 1860 ata 2004 - | |||||||||||
1860 | 1900 | 1930 | 1950 | 1960 | 1981 | 1991 | 1995 | 1997 | 2001 | 2003 | 2004 |
5.307. | 5.005. | 5.590. | 6.352. | 6.129. | 4.881. | 3.920. | 4.004. | 3.650. | 3.399. | 3.326. | 3.256. |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1860 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[edit] Arquitectura
O patrimonio histórico-artístico de Abadín é moi variado, dende os xacementos arqueolóxicos de época megalítica e castrexa sobor de todo, ate a arquitectura cuias mostras tanto no campo relixioso: igrexas parroquiais con restos románicos como as de Santa María de Abadín (datada do século XII), aínda que a capela é do século XVI, en estilo gótico isabelino; San Bertomeu de Cabaneiro (do seculo XII) ou San Xoán de Romariz (do seculo posiblemente XIII), outras do seculo XVI de estilo renacentista como a de Santa María de Moncelos ou a igrexa vella de Santa María de Montouto, etc. Ademáis de múltiples mostras de arquitectura popular reflexada nos numerosos cruceiros, petos de animas e capelas que salpican o municipio. Con respecto a arquitectura civil e militar quedan restos de pazos como o de Cernada en Santa María de Graña, o pazo da Roxoa en Castromaior cunha importante fachada datada a principios do seculo XVI, pazo Torre de Escourido, Casa rectoral de Labrada, etc. No capítulo de enxeñería conservanse dous pontes medievais, ambos en Romariz. Pazos: Pazo da Cernada, Pazo torre de Escourido, Casa rectoral de Labrada (s. XIX), Pazo da Roxoa (s. XVI). Destaca a Igrexa de Santa María de Abadín, construción románica do .
Tamén teñen valor os numerosos cruceiros espallados en todas as parroquias, pero especialmente na de Corvite.
[edit] Feiras, festas e tradicións
Feiras:
- Feira de Santos de Abadín, celebrada nos primeiros días de novembro, é coñecida en toda Galicia.
Mercados:
- Primeiro e terceiro sábado do mes en Gontán
Entre as abundantes actividades de ocio pódese facer sendeirismo polas múltiples sendas e camiños do concello; tamén pasa por Abadín a ruta da costa do camiño de Santiago. No campo da artesanía o máis típico son as colchas e mantas texidas, tamén destaca o traballo dos metais. Así mesmo podemos gozar da rica gastronomía da zona donde teñen especial interese o caldo galego, o cocido, os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.
Festas e romarías:
- San Pedro festexase en Aldixe, Labrada e Corvite en Xunio;
- Santa Isabel en Candía o primeiro domingo de Xunio;
- San Pedro na parroquia de Abadín o 26, 27 e 28 de xuño.
- Nosa señora do Rosario en Galgao;
- Santa Isabel o 29 de Xunio en Corvite e Labrada;
- Nosa Señora en Abeledo e en Montouto;
- Nosa Señora do Rosario o 7 e 8 de outubro en Abadín;
- Romaría do Rosario en Galgao, Goás e Baroncelle o 18 de outubro;
- Nosa Señora dos Miragres en Fanoi o 24 de maio;
- Romaría de San Cosme da Motaña en Galgao o 26 e 27 de setembro.
En Abadín hai unha gran tradición etnográfica, abundan as lendas históricas como a que relata o orixe árabe da parroquia de Aldixe, a de "as ruinas do mosterio" de Abadín das que se supon que quedan restos do mencionado mosterio cerca da igrexa parroquial o a do "Castelo de Portela" que se considera un altar de sacrificios celta. Dentro das lendas populares hai moitos ditos relatados con máis ou menos profundidade, como a "Pena oscilante de Castromaior" da que se din que era utilizada polos celtas para dar a coñece-la fidelidade das mulleres. Outra lenda popular é a que conta que Santiago dende o Monte Argán dixo: "Este é o Monte do Ceo" e de aí ven o nome de Moncelos, parroquia de Abadín.
[edit] Situación do galego
Abadín é un concello netamente galegofalante, segundo o censo de 2001 o 99.43% dos maiores de cinco anos empregan sempre o galego e tan só un 0.15% nunca fala en galego, a lingua mantense en todos os tramos de idade con moita forza, e non hai diferenzas significativas entre os diferentes sectores sociais.
Sobre 3317 persoas
- Entenden o galego: 3314 persoas
- Falan o galego: 3313 persoas
- Len o galego: 2810 persoas
- Escriben o galego: 2740 persoas
[edit] Lugares de Abadín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Abadín vexa: Lugares de Abadín.
[edit] Véxase tamén
Template:Véxase
Template:Abadín
edit | Municipalities in Lugo | |
---|---|---|
Abadín | Alfoz | Antas de Ulla | Baleira | Baralla | Barreiros | Becerreá | Begonte | Bóveda | Burela | Carballedo | Castro de Rei | Castroverde | Cervantes | Cervo | Chantada | O Corgo | Cospeito | Folgoso do Courel | A Fonsagrada | Foz | Friol | Guitiriz | Guntín | O Incio | Láncara | Lourenzá | Lugo | Meira | Mondoñedo | Monforte de Lemos | Monterroso | Muras | Navia de Suarna | Negueira de Muñiz | As Nogais | Ourol | Outeiro de Rei | Palas de Rei | Pantón | Paradela | O Páramo | A Pastoriza | Pedrafita do Cebreiro | A Pobra do Brollón | Pol | A Pontenova | Portomarín | Quiroga | Rábade | Ribadeo | Ribas de Sil | Ribeira de Piquín | Riotorto | Samos | Sarria | O Saviñao | Sober | Taboada | Trabada | Triacastela | O Valadouro | O Vicedo | Vilalba | Viveiro | Xermade | Xove |
de:Abadín en:Abadín, Lugo fr:Abadín it:Abadín nl:Abadín pt:Abadín